jueves, 14 de diciembre de 2017

MÚSICA GALEGA

María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés ou SES, nace na Coruña en 1982, é unha cantautora galega de orixe bergantiñá.

Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar. Unha moza que nunca tivo a vontade de vivir profesionalmente da música. "Non porque non me apaixone, senón porque o vía moi difícil", recoñece. Agora é unha das grandes promesas da música en galego. E cunha proposta moi clara. Ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente encima e debaixo do escenario. E todo comezou en 2007. Xunto con tres amigos creou Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano. Presentáronse a un concurso que apadriñaba Santiago Auserón e non só gañaron, senón que a Sés cambioulle a vida.